O Festival Curtocircuito continúa este martes con proxeccións de países como Colombia, Austria ou Brasil

Xa pola noite, Oskar Alegria presentará a súa nova película, 'Zumikiri', no apartado 'Longas x Curto'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2020 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia



O Festival Internacional Curtocircuito continuará este martes con obras de Austria, Colombia e Portugal-Brasil. A partir das 19,30 horas, proxectaranse pezas da sección oficial 'RADAR', no Teatro Principal.

En concreto, as obras serán 'How to disappear', de Leonhard Müllner, Robin Klengel, Michael Stumpf, 'JÍIBIE' , de Laura Hortas Millán; e a estrea en España de 'A chuva acalanta a dor', de Leonardo Mouramateus.

Xa pola noite, Oskar Alegria presentará a súa nova película, 'Zumikiri', no apartado 'Longas x Curto'. Esta obra estreouse na Mostra de Cinema de Venecia e foi gañadora á Mellor Pelícila As Novas Ondas-Non Ficción no Festival Internacional de Cinema de Sevilla.

Cartel da nova edición de Curtocircuito. CONCELLO DE SANTIAGO
Cartel da nova edición de Curtocircuito. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta