Crece a presión sobre Jácome para que tome medidas ante a situación "crítica" da cidade

CC.OO vén de cargar contra o "caos" do Concello nun comunicado no que pide máis intervención municipal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2020 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

A Sección Sindical de CCOO do Concello de Ourense remitiu unha carta ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, para urxirlle "medidas" ante o aumento de contaxios por Covid-19 e persoal en corentena do Consistorio porque senón "quedarán as pedras do Concello soas".

"Sr. Alcalde da cidade de Ourense, é o momento de arrimar o ombreiro, administración e sindicatos, pero sobre todo a administración, dado que a situación na cidade de Ourense é crítica pola Covid-19 e cada vez hai mais compañeiros que están dan positivo e outros tantos están en corentena, se non se toman medidas quedarán as pedras do Concello soas. Fáganos casos e tomemos medidas", subliña a central sindical CCOO no escrito.

Para CC.OO. "a política tense que facer para mellorar a vida da cidadanía e traballadores". "Esa é o noso labor como sindicato e labor que nunca abandonaremos", apostilou. En concreto, o responsable de CCOO no Concello, Manuel Pérez, sinalou na misiva que "o importante é a saúde dos traballadores". "E esperamos urxentemente, unha reunión urxente para a toma de medidas preventivas ante o caos que se está xerado no Concello", conclúe.

Comisións Obreiras lembra ao alcalde que os sindicatos do Concello estiveron "en todo momento á beira da xente, dos traballadores, para que non estivesen desinformados durante a pandemia Covid-19, tanto os que a sufriron, como os que estiveron dando o callo a pié de biombo". "Desde o primeiro momento fomos conscientes de que o virus puidese afectarnos a todos e os traballadores do Concello estivemos á fronte do servizo público para que non se paralizase a Administración", subliñou CCOO.

Tras insistir en que "por encima de todo está a saúde dos compañeiros", este sindicato destacou que realizaron os traballadores municipais "un labor de información, asesoramento e de protección aos compañeiros, sen importarnos se eran afiliados ou afiliadas, só se o necesitaban". "Participamos no Comité de seguridade e saúde, propondo o peche das instalacións, probas PCR e serolóxicas, ampliación de medidas preventivas, material, Cita Previa, teletrabajo, etc.", explicou. "Aí estivemos nós CCOO, sen resposta do Concello", sentenciou.

Fachada do Concello de Ourense. EUROPA PRESS - Arquivo
Fachada do Concello de Ourense. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta