O BNG pide "restituír de forma inmediata" a liña de Avant entre Ourense e A Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2020 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O BNG insta o Goberno central a "restituír de forma inmediata" a liña suprimida do tren Avant entre Ourense e A Coruña, con parada en Santiago de Compostela, e que saía ás 6,45 horas de Ourense.

Así mesmo, pide mellorar e ampliar as frecuencias e oferta horaria deste tramo e reducir, polo menos, nun 30 por cento o seu prezo para pór fin "ao abuso actual". Coa redución de servizos polo confinamento, suprimíronse liñas, denuncia o BNG, unha delas, esta conexión, que daba servizo "a moitas persoas que estudan ou traballan nestas cidades".

Nun comunicado, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou que "esta decisión abunda nunha articulación do tren Avant que é claramente constituínte dun agravio co pobo galego" e, particularmente, coa poboación de Ourense, "contribuíndo ao seu illamento en materia de transportes e camiñando en dirección contraria ás necesidades de parte do noso país".

O BNG, lembra, leva "anos" denunciando a folla de ruta do Goberno central en materia ferroviaria, que "parece firmemente orientada a desmantelar os servizos" en Galicia, cunha "redución flagrante da oferta horaria e coa progresiva privatización peche de moitos servizos".

Reivindicación dos trens con Néstor Rego,deputado do BNG, á cabeza. BNG
Reivindicación dos trens con Néstor Rego,deputado do BNG, á cabeza. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta