Pontevedra tamén se apunta á moda do Km0

Conta cun sinal de catro metros instalado no centro da cidade que servirá de punto de partida para roteiros naturais e históricos.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/10/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O Concello de Ponteveda acaba e sinalar o seu quilómetro 0. Trátase dun letreiro de catro metros instalado na Praza de España do Concello de Pontevedra que é o punto de partida cara as rutas medioambientais e históricas do concello.

Os socialistas Yoya Blanco e Iván Puentes diante do sinal do Km0
Os socialistas Yoya Blanco e Iván Puentes diante do sinal do Km0 | Fonte: Concello de Pontevedra

O fito inaugurado polos socialistas Yoya Blanco e Iván Puentes está situado diante das Ruínas de Santo Domingo e conta cun código QR que ofrece información detallada dos espazos naturais.

O monólito foi deseñado co obxectivo de marcar o punto de partida dos diversos percorridos e poñer en valor a súa riqueza natural, histórica e patrimonial, dende a Alameda e As Palmeiras, o barrio da Moureira, a Xunqueira de Alba, a Illa das Esculturas, o río dos Gafos, o centro histórico, a ría de Pontevedra, o Lérez ou os roteiros Castelao, Sarmiento, Pintos e Bolechas até o Camiño Portugués, o Pazo de Lourizán, O Pontillón do Castro, a enseada de San Simón, Santa María de Xeve, Ponte Sampaio, os ríos Verduxo e Almofrei, As Mouras (Salcedo) ou a Serra da Fracha.

Tal e como sinalou o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, “foi concibido como un fito de alta visibilidade, que mide 3 metros de alto e que vai elevado outro metro do chan, e cuxa superficie é de cor vermella, o que o converte nun punto de referencia de doada localización para as persoas que participen nos roteiros”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta