Xunta e Inta reforzan a súa colaboración para impulsar novos proxectos de innovación no ámbito aeroespacial

Xa se recibiron 153 propostas de 67 entidades para o período 2021-2025.

Por E.P. | Lugo | 06/10/2020 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou, xunto co director xeral do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (Inta), José María Salom, o aeródromo de Rozas, en Castro de Rei (Lugo).

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o director xeral do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (Inta), José María Salom, visitan o aeródromo de Rozas
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o director xeral do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (Inta), José María Salom, visitan o aeródromo de Rozas | Fonte: Xunta de Galicia.

Na visita, o conselleiro puxo de relevo que a Xunta e Inta están a reforzar a súa colaboración para seguir impulsando novos proxectos de innovación e industrialización no ámbito aeroespacial de Galicia.

Conde subliñou que se están finalizando os proxectos que se estaban desenvolvendo no período 2015-2020, con produtos que nalgúns casos xa se están comercializando, e que se avanza na preparación do período 2021-2025, cunha manifestación de interese na que xa se recibiron 153 propostas de 67 entidades.

Segundo subliñou o vicepresidente económico, en base ás mesmas, prepárase unha nova licitación co obxectivo de mobilizar 160 millóns de euros no próximos cinco anos, "que veñen sumar e a consolidar, desde o punto de vista da innovación, do desenvolvemento tecnolóxico e da industrialización".

Tamén destacou Conde que, coa colaboración do Ministerio de Defensa, a través do Inta, coa implicación da Xunta e coa participación do tecido produtivo, e con empresas como Indra Babcock e Boeing, están a desenvolverse máis de 35 proxectos de I+D+i nos que participan pemes e centros de investigación galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta