Temas: BUGALLO CONXO PP

Sabes onde está o radar que puxo case 200 multas ao día nos últimos tres meses?

O PP denuncia que é "desproporcionado" e que sangrou aos cidadáns" de Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2020 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O radar situado nas inmediacións do túnel de Conxo, en Santiago de Compostela, impuxo desde a súa entrada en funcionamento, fai tres meses, algo máis de 17.000 multas, o que supón unha media de 185 sancións diarias.

Así se recolle na resposta ofrecida polo goberno local ao portavoz do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez Brunete, que preguntou acerca dos datos dos dous últimos radares colocados na cidade, este e o de Restollal.

Con estas cifras, Sánchez Brunete estimou que o radar de Conxo "sangrou aos cidadáns nunha cantidade que pode superar os dous millóns de euros como cifra estimativa", algo que considera "de escándalo". De feito, o portavoz popular considera que este radar é "desproporcionado" e carece de efecto "disuasorio", polo que o vincula a un desexo municipal de "recadar".

Radar Fixo
Radar Fixo

Sánchez Brunete cre que "probablemente este radar de Conxo se sitúe xa no primeiro posto do ranking dos radares de maior efecto sancionador de Galicia" e acusa o rexedor, Sánchez Bugallo, de "bater a marca mundial de velocidade en recadación". "Revélase como o Usain Bolt da recadación sancionadora", chanceou.

Temas: BUGALLO CONXO PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta