Case un terzo do sector de artes escénicas galegas seguía sen actividade en xullo e o 50% estaba en ERTE

Son algunhas das claves que aborda a radiografía do teatro galego presentada este mércores polo Consello da Cultura Galega, o primeiro informe deste tipo que analiza este sistema desde unha perspectiva global e que achega as primeiras cifras do efecto da pandemia á actividade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2020 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O sector cultural é un dos máis afectados os efectos da pandemia e as medidas restritivas de seguridade para frear o índice de contagios pola COVID-19, especialmente durante o confinamento obrigatorio no estado de alarma. No entanto, un informe revela que en xullo preto do 30 por cento das compañías de artes escénicas continuaba sen ningún tipo de actividade.

Este mesma porcentaxe de traballadores non volveu traballar tras o confinamento e a metade do sector viuse obrigado a acollerse a algún ERTE. Son algunhas das claves que aborda a radiografía do teatro galego presentada este mércores polo Consello da Cultura Galega, o primeiro informe deste tipo que analiza este sistema desde unha perspectiva global e que achega as primeiras cifras do efecto da pandemia á actividade.

Este estudo incide na realidade laboral precaria dos traballadores, posto que máis do 61 por cento non alcanza o salario mínimo, e unicamente o 31,3 por cento percibiu ingresos unicamente desta actividade, sen recorrer ao pluriemprego noutros sectores.

O documento arroxa algunhas características do sector en cuestión de preferencias, perfís, e as percepcións sobre os espectáculos, nos que se aprecian desaxustes entre a demanda e a oferta. Como exemplo, o 23,7% do público asegura que lle gusta o teatro musical, un xénero que representa un 3,9% das propostas en cartel.

Así mesmo, os programadores consideran que o teatro familiar é o xénero máis demandado, mentres que o público traslada que prefire o xénero para adultos (máis do 70 por cento), precisamente as obras que máis se programan en Galicia (o 45,4 por cento).

Máis da metade dos espectadores aposta polas obras en galego, sobre todo entre mozos e en espazos rurais. A maioría deles utiliza as redes sociais como a canle máis habitual para coñecer a oferta.

En canto o perfil medio do asistente, o estudo defíneo como muller dunha media de 42 anos de idade, estudos universitarios e ingresos medios mensuais susperiores aos 1.200 euros.

Espectáculo musical 'Jekyll e Hyde'. DANIEL MARCOS PINA / @DANIMARCOSFOTO / DANIEL MARC / Europa Press
Espectáculo musical 'Jekyll e Hyde'. DANIEL MARCOS PINA / @DANIMARCOSFOTO / DANIEL MARC / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta