Contaxio masivo nunha residencia de Monterrei, 43 anciáns contaxiados dos 55 que hai

A comezos da semana había catro traballadores infectados.

Por Galicia Confidencial | Monterrei | 08/10/2020 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

Novo gran gromo nunha residencia de anciáns. Desta  volta na comarca de Monterrei. Alí, na residencia Val de Monterrei, na parroquia de Albarellos,  xa hai 43 anciáns contaxiados tras as probas realizadas nas últimas horas.

Residencia de anciáns Val de Monterrei, en Monterrei
Residencia de anciáns Val de Monterrei, en Monterrei | Fonte: DdT

Segundo apunta DdT, a Xunta realizou probas masivas tras detectar positivos a comezos da semana a catro traballadores do centro. Os resultados confirman un contaxio masivo, xa que están contaxiados 43 dos 55 usuarios internos. O centro é propiedade de Camilo Álvarez, propietario do COB.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta