Diego Calvo presidirá a comisión de estudo da Covid

Na vicepresidencia estará tamén a popular Encarna Amigo e na secretaría, a nacionalista Noa Presas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2020 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

O deputado popular Diego Calvo preside a comisión non permanente de estudo para a reactivación económica, social e cultural pola crise do covid-19, que quedou constituída este xoves nunha sesión que presidiu o xefe do Lexislativo autonómico, Miguel Santalices. Acompañaranlle na mesa a tamén popular Encarna Amigo na vicepresidencia e a nacionalista Noa Presas, na secretaría.

Agora os grupos terán que abordar o plan de traballo coa mirada posta en contar cunhas conclusións e un paquete de medidas para a reactivación de Galicia antes de final de ano ou, como moito, a principios de 2021.

Diego Calvo saíu escollido co sete votos do PPdeG e a abstención do cinco votos da oposición, do mesmo xeito que Encarna Amigo. Pola súa banda, Noa Presas obtivo cinco votos, os da oposición, e sete en branco (os dos populares).

"Parabén, deséxolles a todos moitos éxitos. Hai moitas esperanzas postas nesta comisión", sinalou, á conclusión da comisión, Santalices.

Diego Calvo preside a comisión de reactivación económica social e cultura pola crise do coronavirus
Diego Calvo preside a comisión de reactivación económica social e cultura pola crise do coronavirus | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta