Detido un veciño de Redondela responsable de roubos en varias tendas da localidade

O home acumulou un botín de 40.000 logo de múltiples furtos en xoiarías, froiterías e gasolineiras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2020 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de Redondela de 35 anos de idade, como presunto autor de varios furtos e roubos, entre eles os perpetrados en dúas xoiarías, de Redondela e da Cañiza, onde subtraeu alfaias por valor de máis de 40.000 euros.
Segundo informaron fontes do Instituto Armado, as investigacións iniciáronse a finais de setembro, cando o propietario dunha xoiaría da Cañiza denunciou que lle subtraeron unha manta expositora de cadeas de ouro, valoradas en 20.000 euros.

As pescudas permitiron identificar ao presunto ladrón, ao que tamén se lle atribúen outros roubos. Así, os axentes vincúlano co roubo por 22.000 euros cometido nunha xoiaría de Redondela. Segundo a Garda Civil este redondelano tamén é autor de dous roubos con intimidación en senllas gasolineiras de Vigo e outro nunha frutería da cidade; así mesmo, relaciónaselle cun furto en Redondela e cun roubo con intimidación cometido nas inmediacións dun colexio deste municipio. Finalmente, atribúeselle un delito de estafa, pola falta de pagamento da gasolina que encheu nunha gasolineira de Covelo (Pontevedra).

O sospeitoso foi localizado e detido cando circulaba nun coche, coas placas de matrícula alteradas, polo municipio ourensán de Ribadavia. Tras comparecer ante o xulgado de Ponteareas ingresou na prisión da Lama, mentres que as xoias roubadas foron recuperadas na súa totalidade, nun establecemento de compravenda de ouro en Ourense.

Xoias recuperadas tras a detención do presunto autor de varios roubos en xoiarías e outros delitos, un veciño de Redondela (Pontevedra) que foi interceptado en Ribadavia (Ourense) conducindo un coche con placas de matrícula alteradas.. GARDA CIVIL
Xoias recuperadas tras a detención do presunto autor de varios roubos en xoiarías e outros delitos, un veciño de Redondela (Pontevedra) que foi interceptado en Ribadavia (Ourense) conducindo un coche con placas de matrícula alteradas.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta