Feijóo abre a porta a que as restriccións en Ourense se prolonguen durante "semanas ou meses"

Pide "compromiso individual" para reducir ao máximo reunións de amigos e familiares.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2020 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou ao "compromiso individual" dos ourensáns para facer fronte á covid-19 e evitar "un problema colectivo" e advertiu de que os "brotes máis complexos" son os vinculados ás reunións de amigos e familiares.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa do Consello da Xunta celebrado o 1 de outubro de 2020. DAVID CABEZÓN
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa do Consello da Xunta celebrado o 1 de outubro de 2020. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA

"Sen compromiso individual estamos destinados a ter un problema colectivo", avisou na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu goberno, unha comparecencia na que lembrou que a taxa de positividade por cada 100.000 habitantes en Ourense supera os 400 puntos, cando Galicia ten 102. Ademais, indicou que a de PCR positivas é do 18% fronte á media galega do 3,2%.

Ante iso, considerou necesario "seguir traballando" e agradeceu aos veciños que entendan que o obxectivo é que as restricións adoptadas pola Xunta para combater o virus na zona sexan temporais e "non de semanas ou meses como pode ocorrer" no caso de que non se consiga diminuír o impacto da infección en Ourense, no concello limítrofe de Barbadás, así como noutras zonas da provincia con restricións activas.

Neste punto, apelou ao "compromiso individual" e sinalou que "cando un brote afecta a unha empresa ou a unha instalación na que traballa moita xente rapidamente pódese" parametizar. Con todo, asegurou que cando os contagios están vinculados a reunións familiares ou de amigos "é moito máis difícil combatelos" ao afectar a "poucas persoas que teñen capacidade de infectar a moitas".

"Imos ver se entre todos somos capaces de diminuír e darnos conta de que o feito da familiaridade ou da amizade non o entende o virus", indicou Feijóo, que volveu a reivindicar o uso das máscaras, a distancia de seguridade e o uso de espazos exteriores.

Deste xeito, fixo un chamamento á responsabilidade para que Galicia "siga sendo un dos lugares máis seguros". E é que, conforme indicou, a situación na UCI e nos hospitais galegos "é a menos mala de toda España".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ana

Pois eu agardo que todo Ourense acuda a xustiza para que esta decida se é legal ou non o que vostede esta facendo. E de ser ilegal, que vostede dimita e responda ante a xustiza. Pidolle aos ourensans que non renuncien a defender as suas liberdades nin acepten ser arruinados. Ourense debe ter os mesmos dereitos que Madrid.

1 Gelucho

E de ser legal, que a xente coma vostede pague as costas e os gastos de facer perder o tempo á Xustiza.