Galicia suma 776 mortes con coronavirus, nunha xornada con tres mortes notificadas

O número de falecidos desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 155.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/10/2020 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Galicia suma 776 mortes con coronavirus desde que comezou a pandemia, tras unha xornada na que a Consellería de Sanidade notificou tres novas vítimas mortais.

Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con Covid-19
Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con Covid-19 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Un deles é un home de 61 anos falecido no hospital Montecelo (CHOP), veciño de Vilanova de Arousa, que era o pai dunha das traballadoras que resultou infectada no gromo detectado hai dúas semanas nunha empresa avícola situada en Cambados, no que houbo outros 130 casos.

O outro falecido é un home de 57 anos, que estaba ingreso no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Estes dous falecidos súmanse a outro deceso notificado nesta mañá de xoves, o dunha muller de 96 anos da residencia de maiores Ballesol de Oleiros.

As tres persoas contaban con patoloxías previas

De tal forma, o número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 155 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta