Catro novos gromos suman 17 casos de covid-19 na provincia de Ourense

Tres focos son de orixe familiar e o outro é social.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 08/10/2020 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este xoves de catro novos gromos detectados na provincia de Ourense, a máis afectada pola covid-19 nestes momentos en Galicia, e que suman 17 casos.

Veciños de Ourense camiñan por unha das rúas do barrio do Couto
Veciños de Ourense camiñan por unha das rúas do barrio do Couto | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Como sucedeu na maior parte dos casos das últimas xornadas, tres focos son de orixe familiar e o outro social, unha problemática que obrigou á Consellería de Sanidade a restrinxir os grupos de persoas en contacto en varios concellos.

Ademais, Ourense cidade e Barbadás atópanse desde a medianoite do pasado mércores confinados perimetralmente para reducir a incidencia do virus.

En concreto, un novo foco con seis casos foi detectado en Celanova e afecta a dous homes de 50 e 45 anos, un menor e tres mulleres de 78, 46 e 23 anos de idade, respectivamente

Así mesmo, outro foco foi localizado en Allariz e Ourense con catro contaxios en dúas mulleres de 37 a 36 anos, un home de 33 e un neno de 8.

No Carballiño son catro: tres homes de 50, 25 e 16 anos de idade e unha muller de 48 anos foron diagnosticados con covid-19.

Por último, outro gromo con orixe social afecta a unha muller de 22 anos e dous homes de 61 e 51 no Barco de Valdeorras.

En canto á actualización de casos, un gromo que contaba con 15 positivos en Ribadavia crece en dous, tras a PCR positiva dunha muller de 56 anos e un home de 53.

Tamén aumenta nun caso un foco no Carballiño que tiña 7 afectados, co positivo dun home de 28 anos, e outro no municipio de Taboadela pasa de 5 a 6 tras diagnosticarse coronavirus a un home de 60 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta