Máis restricións no Carballiño: queda prohibido o consumo no interior de bares

Mantéñense o resto de medidas vixentes para os concellos con restricións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2020 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade acordou elevar as restrións que afectan o Concello do Carballiño, onde a partir da medianoite do sábado quedará prohibido o consumo no interior dos establecementos de hostalaría, nos que só poderá servirse en terrazas no exterior a grupos dun máximo de cinco persoas.

Así o adoptou o subcomité clínico na súa reunión deste venres, que decidiu manter as medidas restritivas para o resto de municipios e zonas nas que permanecen activas. Deste xeito, a única novidade é que no Carballiño se aplicarán desde a medianoite as medidas do nivel 3, que xa imperan en Ourense e Barbadás, onde, ademais, están prohibidas as entradas e saídas do termo municipal e as reunións de persoas non convivientes.

Así as cousas, permanecen en nivel dous os concellos de Santiago, Lugo, Pontevedra, Ortigueira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Meis, Poio, Marín, Cambados, Sanxenxo e as comarcas de Allariz, Ourense (excepto os citados municipios de Ourense e Barbadás), O Ribeiro, O Carballiño (excepto o propio concello), Verín e Valdeorras, e a localidade do Milladoiro, en Ames.

Por tanto, en todas estas áreas en nivel 2 están limitados os aforamentos ao 50% e prohibidas as reunións de máis e 10 persoas. Así mesmo, en Verín e O Barco tampouco están permitidas as reunións de non convivientes.

Un axente da Garda Civil nun control policial na entrada á cidade de Ourense. Rosa Veiga - Europa Press
Un axente da Garda Civil nun control policial na entrada á cidade de Ourense. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta