Galicia volve aos peores niveis do inicio da pandemia con 413 contaxiados en 24 horas

Os infectados diarios sitúanse en niveis de finais de marzo e as PCR con resultado positivo duplícanse nun día, ata o 8,2%

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/10/2020 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Os positivos por coronavirus detectados nas últimas 24 horas en Galicia disparáronse a 413, unha cifra que se sitúa en niveis de finais de marzo. Máis da metade das infeccións diarias, unhas 235, rexístranse na área sanitaria de Ourense, que marca cifras históricas debido aos dous novos brotes en dúas residencias da provincia, con máis de 150 casos.

Segundo o parte deste venres da Consellería de Sanidade, con datos a última hora do xoves, os casos activos de COVID-19 --persoas que aínda padecen a enfermidade-- sitúanse en 4.264 en total, 181 máis que hai un día, tras sumar máis positivos que recuperados, que foron 246. Ademais, nos últimos datos de Sanidade constan 776 falecidos diagnosticados de coronavirus, dous máis.

Veciños de Ourense camiñan por unha das rúas do barrio do Couto o mesmo día no que prohibiron as reunións entre non convivientes ante o aumento de contagios de Covid-19. En Ourense, Galicia, (España), a 3 de outubro. Esta medida, imposta. Rosa Veiga - Europa Press
Veciños de Ourense camiñan por unha das rúas do barrio do Couto o mesmo día no que prohibiron as reunións entre non convivientes ante o aumento de contagios de Covid-19. En Ourense, Galicia, (España), a 3 de outubro. Esta medida, imposta. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Así mesmo, Sanidade informa de que ata o momento realizáronse 537.192 probas fronte ás 531.410 do parte anterior, o que supón que se realizaron 5.782 PCR en 24 horas. Destas, o 8,2% arroxou resultado positivo, máis do dobre con respecto á xornada anterior, cando foi o 4%. Desde o inicio da pandemia, Galicia sumou un total de 26.146 casos de coronavirus.

ÁREAS SANITARIAS

Por áreas sanitarias, a de Ourense, Verín e O Barco anota 235 novos contaxios, o que supón a cifra máis alta de toda a pandemia e máis da metade dos detectados en toda Galicia nas últimas 24 horas. Ademais, as persoas coa enfermidade na provincia soben a 1.351. Cabe destacar que, nesta área, a porcentaxe de positividade das probas realizadas sitúase xa no 19,5%.

A segunda área con máis contaxios diarios, 51 nas últimas 24 horas, é a de Vigo, que conta con 433 casos activos. Segue a esta a de Santiago e O Barbanza, con 49 novos positivos e 552 persoas coa enfermidade aínda activa.

Na área da Coruña e Cee, detectáronse 31 novos positivos por PCR e os casos activos son 757. A maiores, son 20 novos na de Pontevedra e O Salnés, que conta con 573 pacientes, e 18 novos diagnósticos na de Lugo, A Mariña e Monforte, con 494 casos activos de COVID-19. A área de Ferrol é a que menos positivos detectados nas últimas 24 horas suma, con 8, mentres que o número actual de pacientes sitúase en 104.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta