Feijóo ve o estado de alarma en Madrid un "incumprimento" do Goberno

O presidente galego critica a decisión de Pedro Sánchez, tras negarse Madrid a declarar o estado de alarma.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 09/10/2020 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cre que a decisión do Goberno central de declarar o estado de alarma en Madrid é a "constatación dun fracaso político" e un "incumprimento" do Executivo estatal, que "trasladou no mes de xuño" ás autonomías que serían as encargadas de solicitar esta ferramenta no caso de que fose necesario. Un paso que tivo que dar o Goberno central, ante a negativa da Comunidade de Madrid a facelo e para evitar a saída de milleiros de madrileños a segundas residencias.

En declaracións aos medios antes de participar nun acto en Vigo, o presidente do Goberno galego considerou esta decisión un "incumprimento do presidente do Goberno", Pedro Sánchez, "cos presidentes autonómicos", aos que trasladou o xuño que serían eles os competentes para "solicitar" o estado de alarma.

"E agora vaino a impor en contra do criterio dun presidente autonómico", dixo Núñez Feijóo, que acusou ao Goberno central de "incumprir os seus propios compromisos coas comunidades autónomas" que están "a xestionar a pandemia en soidade".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. DAVID CABEZÓN @ XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. DAVID CABEZÓN @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta