Temas: ESTAFA MUROS

Investigado un traballador dunha residencia por empregar a tarxeta bancaria dun dos usuarios

Está acusado dun delito continuado de estafa tras realizar diversas compras por máis de 2.200 euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/10/2020 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a un veciño de Muros, traballador dunha residencia, por un delito continuado de estafa ao utilizar o cartón bancario dun dos usuarios do centro xeriátrico para realizar diversas compras por máis de 2.200 euros.

Comprando en liña mediante tarxeta de crédito e tomando un café diante do computador.
Comprando en liña mediante tarxeta de crédito e tomando un café diante do computador.

Segundo informa o Instituto Armado, todo comezou coa denuncia presentada pola vítima no cuartel de Ordes, onde comunicou que recibira cargos non autorizados na súa conta por un importe total de 2.205,58 euros.

A Garda Civil iniciou unha investigación para constatar a veracidade dos feitos e identificar o autor ou autores. No transcurso das pescudas, o equipo comprobou que os pagos se correspondían a compras realizadas a varias empresas e servizos a través de páxinas web.

Así, os axentes identificaron o presunto autor como un traballador da residencia xeriátrica onde vivía o denunciante. Segundo a Benemérita, o empregado "aproveitou a relación que mantiña coa vítima e a facilidade de acceso ás súas pertenzas" para solicitar os datos do seu cartón bancario e efectuar os cargos.

Deste xeito, a Garda Civil procedeu a investigalo como suposto autor dun delito continuado de estafa e puxo todas as actuacións realizadas a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Ordes.

Temas: ESTAFA MUROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta