Sanxenxo recibe na segunda onda de Covid-19 visitantes de toda Galicia, Castela e Madrid

A Policía Local pediu o DNI aos visitantes para coñecer de onde chegaban.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 10/10/2020 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O alcalde de Sanxenxo (Pontevedra), Telmo Martín, explica que durante a ponte do Pilar notouse a "entrada de moitas provincias de España: de León, de Valladolid, de Madrid... Pero tamén moito turismo de aquí, de Galicia".

Alcalde de Sanxenxo
Alcalde de Sanxenxo | Fonte: Concello.

O rexedor explica que nos controis realizados durante o venres pola Policía Local pediuse o DNI aos visitantes para coñecer de onde chegaban, entre os atopábanse tamén visitantes de Madrid.

Explica que esa xente puido saír "antes das 15,00 horas" do venres co peche perimetral decretado en Madrid, así como doutros municipios que non están confinados na Comunidade. Iso si, "se chegaban hoxe (polo sábado) pedíanse moitas explicacións", pero garante que "está todo controlado" e que "a xente está a cumprir con normalidade".

O rexedor explica que en Sanxenxo hai "11.000 vivendas de segunda residencia", polo que a xente doutras partes, "loxicamente, pode vir".

Ademais, asegura que o "tempo acompaña" e hai unha "temperatura moi agradable", os hoteis que están abertos "teñen xente", mentres hai visitantes no paseo e na praia, "nada que non sexa distinta a outros anos".

"Pola situación do coronavirus dá a impresión de que tería que vir menos xente, pero a ponte do Pilar sempre foi importante para nós", explica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta