Falece un motorista de 32 anos ao sufrir unha caída en Ribeira

O sinistro tivo lugar o sábado na recta de Listres, en Aguiño.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/10/2020 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

Un home de 32 anos faleceu na tarde de onte tras sufrir unha caída cando circulaba coa súa motocicleta polo concello coruñés de Ribeira.

O sinistro, segundo informaron este domingo os servizos de emerxencia, tivo lugar ás 19,15 horas do sábado na recta de Listres, en Aguiño.

O persoal mobilizado por Urxencias Sanitarias 061 --desprazáronse ao lugar unha ambulancia asistencial e persoal da PAC de Ribeira-- non puido facer nada pola vida do motorista, que faleceu no punto do accidente.

Ambulancia do 061.
Ambulancia do 061.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta