Achan un morto no alto do Pousadoiro, en Vilagarcía de Arousa

Por Europa Press / Redacción | Vilagarcía de Arousa | 11/10/2020 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dunha persoa apareceu este domingo no alto do Pousadoiro, en Vilagarcía de Arousa, preto da estrada que une este municipio con Caldas.

En concreto, foi un particular quen deu conta do achado ao 112 Galicia sobre as 10,00 da mañá. Seguidamente, a central de emerxencias pasou o aviso ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiña coñecemento do suceso.

Ademais, o 112 solicitou a intervención dos axentes da Policía Nacional e da Policía Local, que investigan as circunstancias que rodean a aparición do cadáver.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta