O PP retería a maioría absoluta pero perdería dous escanos e o BNG aumentaría a diferenza co PSOE, segundo Sondaxe

A enquisa outorga 22 escanos ao Bloque, tres máis que agora, perdendo o PPdeG dous e o PSdeG, un.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/10/2020 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O PPdeG de Alberto Núñez Feijóo retería a maioría absoluta con 40 escanos, dous menos que os 42 que logrou nas eleccións autonómicas do 12 de xullo, segundo unha enquisa elaborada por Sondaxe para La Voz de Galicia publicada este domingo.

Parlamento galego.
Parlamento galego.

O estudo, elaborado con 1.223 entrevistas, sinala que o BNG agrandaría a diferenza co PSOE polo liderado da oposición no Parlamento galego. A enquisa outorga 22 escanos para o Bloque (tres máis que os que ten esta lexislatura) por 13 dos socialistas (un menos).

Ademais, a líder frontista Ana Pontón é a máis valorada cun 5,73, seguida polo presidente da Xunta cun 5,53 e polo socialista Gonzalo Caballero, que obtén un 4,11 por parte dos enquisados.

O barómetro tamén cuestiona sobre a xestión da pandemia, na que suspende o Goberno central (4,63) e aproban a Xunta (5,59) e as administaciones locais (5,43).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta