Que fai un gran escudo franquista na USC?

A organización Acción Universitaria pide a retirada do escudo preconstitucional da Facultade de Químicas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/04/2013 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A organización estudantil Acción Universitaria ven de enviar un comunicado á reitoría da USC esixindo a retirada do gran escudo franquista que se atopa na fachada da Facultade de Químicas da USC.

Escudo franquista na facultade de Químicas da USC
Escudo franquista na facultade de Químicas da USC

Acción Universitaria considera que é "moi grave" que, despois de 38 anos da fin da Ditadura e despois de seis anos dende a aprobación da Lei de Memoria Histórica, continúe existindo un escudo preconstitucional de pedra nun edificio dunha institución pública como é a Universidade de Santiago de Compostela.

"Vestixio do fascismo franquista"

Non é a primeira vez que esta organización esixe a retirada dese "vestixio do fascismo franquista". "Mais a USC, ata agora, négase a acatar coa lei e a respetar ás vítimas do bando golpista na Guerra Civil e na posterior Ditadura", sinala nun comunicado.

Por iso, e en previsión de que a USC seguirá sen acatar esta lei, Acción Universitaria comezará unha recollida de sinaturas online esixindo a súa eliminación da fachada de dita Facultade. Tampouco descarta levar a cabo outras accións de protesta no futuro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

3 galegoexiliado

Que fai un gran escudo franquista na USC? Simplemente recordarnos que siguen aí, que nunca se foron. Que esto da democracia orgánica é un conto pa tervos enganados, pero que nada cambiou, que siguen aí, na universidade, no desGoberno, na inXustiza, na banca, na economía(econosua), nas forzas de represión..... aí bén á vista, e cos seus simbolos bén á vista.

2 morasleira

Aquí si non falas ben do BNG, Age, A Nova, ACCIÓN UNIVE..., etc, etc, non publican o comentario. ¡Pero que carallo importará o escudo!, pareceme mais preocupante ter ganas de mexar e non ter servicios publicos nas nosas vilas e cidades.Eso a ACCIÓN UNI...importalle nada, eles que saben.¡Ah! ¿Ti mesas en calquera parede?Pois eu non!

1 austrohúngaro

Que pregunta tan estúpida. Pois que vai facer aí un escudo franquista? Esa facultade foi construida durante esa etapa e como edificio institucional pois leva ese escudo. Do mesmo xeito que hai edificios que teñen o escudo da República, o da Restauración, ou os farois fernandinos que levan o anagrama de Fernando VII e ningén protesta por iso. Non toquendes o carallo que hai cousas máis importantes.

1 soares

efectivamente, quen nos dera que o problema fora o escudo. O problema está no lamentable nivel de gran parte do profesorado da universidade, do enchufismo na elección dos novos profesionais que nin se quera saben falar galego, na corrupción interna, nos mapas históricos españolistas inventados hai 100 anos e que seguen sendo a base deste lamentable sistema educativo... Hai moito que investigar.

2 Nexus 6

¿y para qué necesita un profesor universitario saber gallego?

3 xan soares

e para que precisa saber?