Por Galicia Confidencial | Ferrol | 12/10/2020 | Actualizada ás 11:00
Ana Cebreiro, economista nada en Ferrol en 1971, graduada en Economía pola Facultade de Ciencias Económicas de Santiago de Compostela, pertencente ao Grupo Colmeiro de Análise e Debate, acaba de ser designada como responsable de Tributación Internacional no Banco Mundial. Tamén vén de ser elixida Académica Correspondente da Real Academia Galega de Ciencias.
Inicia a súa carreira académica e profesional baixo a orientación do profesor Luís Caramés Viéitez, ampliando estudos nas Universidades de Barcelona, Essex e City London. Doutórase en Essex en 2001, sendo o seu supervisor Craig Brett, da Mount Allison University. Foi asistente de investigación en Santiago e na Universidade Autónoma de Barcelona, así como profesora axudante na Universidade de Essex e profesora convidada na City University.
Analista e investigadora na Inland Revenue británica (Axencia Tributaria), do 2001 ao 2004, exerce logo durante un breve período como consultora, para entrar despois na OCDE, residindo en París ata 2013, ano no que comeza o seu traballo no Banco Mundial.
Autora ou coautora dun número relevante de publicacións en revistas de prestixio, participa con frecuencia en seminarios e conferencias internacionais. Entre as máis recentes, sobre tópicos como corrupción, transparencia ou intercambio de información fiscal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.