Medida exemplar en Verín: concello e bares acordan pechar ata o 23 para limitar os contaxios

A medida contará cun apoio económico por parte das arcas municipais para compensar a caída de ingresos.

Por Galicia Confidencial | Verín | 12/10/2020 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

A práctica totalidade dos bares da vila de Verín pecharán, de maneira voluntaria e consensuada co rexedor verinés, Gerardo Seoane, até o próximo día 23 de outubro para tentar, entre todos, conter o avance da pandemia no municipio.

Foi o grupo de Goberno quen mantivo un contacto directo con cada un dos bares da localidade para expor a gravidade da situación epidemiolóxica do municipio e solicitarlles a súa colaboración. A maioría dos establecementos -os restaurantes si permanecerán abertos- secundaron a medida, que xa foi posta en coñecemento das autoridades sanitarias, tal e como informa DdT.

Esta mesma mañá tiña lugar un encontro entre o rexedor Gerardo Seoane e unha quincena de propietarios do sector para explicarlles a medida, que contará cun apoio económico por parte das arcas municipais para compensar a caída dos ingresos -xa de seu moi minguados- que sufrirán os empresarios do sector.

O rexedor, Gerardo Seoane, mantivo unha reunión informal cun grupo de propietarios de bares na praza da Alameda de Verín. | FOTO: Noelia Caseiro - DdT
O rexedor, Gerardo Seoane, mantivo unha reunión informal cun grupo de propietarios de bares na praza da Alameda de Verín. | FOTO: Noelia Caseiro - DdT

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta