10,8 millóns de probas PCR en España desde o inicio da pandemia

Son datos notificados polas comunidades autónomas ao Ministerio de Sanidade.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 12/10/2020 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

En España fixéronse máis de 10,8 millóns de probas PCR para detectar contaxios desde que comezou a pandemia da Covid-19, segundo datos notificados polas comunidades autónomas ao Ministerio de Sanidade.

Proba PCR.
Proba PCR. | Fonte: Xunta de Galicia

Deste total, entre os días 2 e 8 de outubro leváronse a cabo ata 719.275 PCR, unha media de 102.753 ao día, o que supón un aumento do 7%. Por iso, a taxa de PCR realizadas ata esa data creceu ata situarse en 230,16 por cada 1.000 habitantes.

Xunto ás probas diagnósticas PCR practicadas, as comunidades autónomas tamén notificaron a realización de máis de 2,47 millóns de test rápidos de anticorpos, o que supón unha taxa de 52,4 por cada 1.000 habitantes e un incremento do 2% respecto da semana anterior. Tamén se realizaron 1,27 millóns de test serolóxicos de Ac, uns 27,12 por cada 1.000 habitantes e un incremento porcentual do 12%.

En total, desde o inicio da pandemia efectuáronse ata 14,59 millóns de probas de diagnóstico de Covid-19, das que 895.741 corresponden á semana do 2 ao 8 de outubro.

"Progresivamente, vanse desenvolvendo novas técnicas para o diagnóstico da infección por SARS-Cov2, como é o caso das probas rápidas de antíxeno que as consellerías de sanidade están a empezar a introducir na xestión da pandemia. O Ministerio de Sanidade está a adecuar, conxuntamente coas consellerías, os sistemas de información para poder realizar no prazo máis breve posible o seguimento global das mesmas", sinala o departamento de Sanidade do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta