O BNG insta o Estado a rebaixar o IVE de todas as actividades e bens culturais ao 4%

Entre outros, os nacionalistas citan bibliotecas, arquivos, museos, galerías de arte, cinemas, teatros, circos e concertos, e propoñen que se exclúa á tauromaquia porque "a tortura nunca pode ser cultura".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/10/2020 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

O BNG, a través do seu deputado no Congreso, Néstor Rego, insta o Goberno estatal a rebaixar o IVE a todas as actividades e bens culturais de modo que se lle aplique o tipo superreducido: o 4 por cento. Entre outros, os nacionalistas citan bibliotecas, arquivos, museos, galerías de arte, cinemas, teatros, circos e concertos, pero propoñen que se exclúa á tauromaquia porque "a tortura nunca pode ser cultura".

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego
O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego | Fonte: Europa Press

O Bloque asevera que a crise causada pola pandemia do coronavirus provoca "graves efectos de carácter laboral, económico e social, tamén no sector cultural", o que mostra "unha vez máis a precaria situación na que se atopan moitos e moitas creadoras e artistas".

Por iso, o BNG lembra que Rego presentou "diversas emendas" ao proxecto de lei polo que se aproban medidas de apoio ao sector cultural e de carácter tributario para facer fronte ao impacto da COVID-19.

Neste contexto, o deputado nacionalista reclamou "ampliar o perfil das e dos artistas" ás que van destinadas estas axudas, posto que os creadores "van máis aló dos espectáculos que se realizan en vivo". E é que, segundo Rego, o proxecto de lei "limita a uns poucos artistas" o acceso a estes apoios.

Paralelo a iso, o BNG considera "necesario" facilitar o acceso ás liñas de crédito e financiamento "non só a empresas que buscan un beneficio económico, senón tamén a entidades, asociacións ou cooperativas sen ánimo de lucro", xa que en Galicia son "moitos" os proxectos culturais organizados por estes colectivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta