A covid segue a esborrallar as cifras de viaxeiros en autobús urbano

A cifra de agosto representa un 39% menos que o mesmo mes de 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2020 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 2,8 millóns de viaxeiros en autobús urbano en agosto, o que supón unha caída do 39% respecto ao mesmo mes de 2019.

Segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este martes, a baixada de Galicia é lixeiramente inferior ao descenso medio no Estado (-41,1%). O retroceso máis acusado prodúcese en Cataluña (-45,9%), mentres o de menor rango tivo lugar en agosto en Canarias (-30,2%).

No que vai de ano, entre xaneiro e agosto, os pasaxeiros en transporte urbano diminúen un 42,8% en Galicia, tamén menos que a media española (-46,3%), nun ano marcado pola incidencia do coronavirus.

Parada d'autobús. EUROPA PRESS - Arquivo
Parada d'autobús. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta