Os centros comerciais de Galicia estarán abertos case todos os domingos de decembro de 2021

En total, a Xunta dá licencia para abrir en 10 días non laborables ao longo do ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2020 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica os 10 domingos e festivos que poderán abrir as grandes superficies comerciais no ano 2021. Segundo a Xunta, esta cifra de 10 días é a mesma que noutros anos e as datas establecéronse despois de consultar ás principais organizacións do comercio.

Estas datas non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que conta con liberdade horaria. Os concellos poden solicitar ata o 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para adaptalas ás súas características.

En concreto, este dez días que abrirán en 2021 son: os dous primeiros domingos do ano (3 e 10 de xaneiro); Xoves Santo (1 de abril); os domingos 31 de outubro, 28 de novembro e 5 de decembro; o 8 de decembro (Inmaculada Concepción); e os domingos do 12, 19 e 26 de decembro.

Centro comercial Marineda da Coruña comprado pola socimi Merlín. ROBERTO TREVINO - Arquivo
Centro comercial Marineda da Coruña comprado pola socimi Merlín. ROBERTO TREVINO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta