O Concello de Lugo disporá de aparcadoiros disuasorios para compensar as prazas eliminadas co carril bici

Serán en total 69 prazas.

Por E.P. | Lugo | 13/10/2020 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O Concello de Lugo licitará este mércores en xunta de goberno aparcadoiros disuasorios para compensar as prazas que se verán restrinxidas pola creación dun carril bici, que contará cun itinerario de 14 quilómetros pola cidade. Diso informou a rexedora da cidade, Lara Méndez, quen explicou que se habilitarán, en principio, dúas zonas para estacionamentos, no barrio da Residencia, en Trapero Pardo, e tamén na "contorna do Castiñeiro e Lamas de Prado".

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. | Fonte: Europa Press

Deste xeito, disporanse dunhas 69 prazas para "facilitar os aparcadoiros" e constituír unha "alternativa" para os veciños do barrio da Residencia e do Castiñeiro". "Ambas as dúas parcelas están a día de hoxe sen uso, e os traballos son; pavimentación do chan, instalación dun novo sistema de drenaxe para evitar así a formación de charcos, a renovación de iluminación e instalación de sinalización tanto vertical como horizontal", concretou.

A alcaldesa tamén avanzou que en 20 días comezarán as obras do carril bici, cun prazo de execución de seis meses. No caso dos aparcadoiros, que se sufragan con máis de 208.000, os traballos adxudicaranse este martes na xunta de goberno e o prazo de execución será de dez semanas.

FESTAS DO SAN FROILÁN

Polo demais, Lara Méndez aproveitou para "agradecer o comportamento da inmensa maioría" dos veciños durante as festas de San Froilán, que se celebraron do 4 ao 12 de outubro.

Na súa intervención, recoñeceu que "foi un San Froilán bastante atípico, distinto, diferente" e volveu a pór en valor o traballo da concellaría de cultura e de todo o persoal que estivo a traballar na programación" para que as festas tivesen "a máxima normalidade".

Tamén presumiu de que todos os concertos "leváronse a cabo desde a máxima seguridade e sempre baixo os protocolos ditados polas autoridades sanitarias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta