Os reitores piden control nas zonas de lecer para evitar que as universidades se vexan obrigadas a pechar campus

Lembran que as universidades teñen protocolos moi estrictos.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 13/10/2020 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

Crue Universidades Españolas considera imprescindible que se garanta o control nas zonas de lecer --sobre todo o nocturno, que é onde se están producindo os contaxios-- para evitar que as universidades se vexan obrigadas a pechar campus cando no ámbito académico están a cumprirse estritamente as medidas hixiénico sanitarias.

Segundo lembra a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas, as universidades xa deixaron aprobados no mes de xuño uns protocolos de actuación fronte á COVID-19 que se actualizaron a principios do mes de setembro coas indicacións remitidas desde o Ministerio de Universidades.

Ese documento contemplaba a recomendación de ter un plan de continxencias cun responsable covid-19 e, neste sentido, desde o inicio do curso académico está a traballarse en coordinación cos responsables de saúde de cada comunidade autónoma para axustar os procedementos á situación epidemiolóxica concreta.

Con todo, sinala que "o criterio que está a primar é o da proporcionalidade, tentando en todo momento compaxinar a prestación de servizo co principio de precaución", cando en opinión dos reitores "só se poderá garantir un desenvolvemento de curso dentro das marxes previstas se se toman medidas dirixidas a cortar de raíz os contaxios alí onde se están producindo", que segundo indican, é nas zonas de lecer, tales como proximidades de bares ou parques.

Estudantes universitarios en imaxe de arquivo. EUROPA PRESS-ARQUIVO
Estudantes universitarios en imaxe de arquivo. EUROPA PRESS-ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta