Deputados galegos, entre os primeiros en recibir a vacina da gripe para animar á poboación a protexerse

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/10/2020 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Deputados do Parlamento de Galicia recibirán este mércores a vacina da gripe no marco dunha campaña que impulsou a institución autonómica e coa que tamén se pretende animar á poboación en xeral a recibir esta inxección.

O acto terá lugar este mércores na sala de exposicións do Pazo do Hórreo, onde o persoal do servizo sanitario do Parlamento será o encargado de fornecer a vacina.

Con motivo desta campaña, á que ademais de deputados contará coa presenza do presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Parlamento de Galicia
Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta