A covid segue sen freno e suma outros 250 positivos dende o martes

Galicia conta xa con 4.601 contaxiados, con Ourense á cabeza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2020 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou outros 254 positivos por Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 86 na área sanitaria de Ourense e 41 en Santiago e outros 51 na Coruña.

Segundo os datos actualizados na web da Consellería de Sanidade actualizados na mañá deste mércores con datos recolleitos ata as 18,00 horas do martes, o resto de áreas sanitarias contabilizaron nas últimas 24 horas 26 positivos máis en Vigo; 21 na de Pontevedra e O Salnés; 16 en Ferrol e 13 na de Lugo.

En canto aos casos activos, ascenderon con respecto ao martes a 4.601, o que supón 91 máis na Comunidade galega e os pacientes curados incrementáronse a 22.277, que implican 154 máis.

Por áreas sanitarias, a de Ourense conta con 1.605 casos activos (+42 con respecto ao martes); a da Coruña ten 765 (+20); Santiago, 628 (+4); Vigo, 512 (+16); Pontevedra, 469 (sen cambios); Lugo, 475 --dous menos--; e Ferrol, 147 --11 máis--.

Ata a data faleceron 797 persoas, das que as últimas 11 vítimas foron notificadas este martes. Ademais das mortes de catro persoas relacionadas con residencias de maiores da provincia de Ourense das que a Xunta informou na mañá deste martes, ao longo da xornada notificáronse outro sete falecementos --tres tamén relacionados con residencias-- de persoas que foran diagnosticadas con coronavirus.

A Comunidade galega rexistrou ata a data 27.675 contaxiados por Covid-19 e realizou 560.887 PCR --fronte ás 556.927-- e 364.292 probas serológicas.

Unha persoa sométese ás probas polo COVID no concello de Abegondo (A Coruña). CONCELLO DE ABEGONDO - Arquivo
Unha persoa sométese ás probas polo COVID no concello de Abegondo (A Coruña). CONCELLO DE ABEGONDO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta