Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2020 | Actualizada ás 12:48
A Policía Local de Ferrol denunciou ao dono dun establecemento de Ferrol no que había uns 50 mozos sen máscara protectora por incumprir a normativa con motivo da pandemia pola Covid-19. Así o informou este mércores a Policía Local de Ferrol, que relatou que o pasado sábado sobre as 20,15 horas foron requiridos axentes para acudir a un local pola presenza dun grupo de mozos "que non cumprían as medidas de seguridade".
Unha vez no lugar, os axentes atopáronse con "50 persoas sen máscara protectora e sen manter a distancia de seguridade", destacaron as mesmas fontes. Por iso, a Policía Local indicou ao dono do establecemento que "sería denunciado por incumprir as normas establecidas polas autoridades sanitarias motivadas pola Covid-19" e desaloxou o local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.