Arrinca o oitavo prazo de matrícula nas universidades galegas con preto do 92% de prazas cubertas

Educación alerta da posibilidade dun abandono dos estudos por problemas tecnolóxicos ou económicos do alumnado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2020 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

As universidades galegas abren este mércores o oitavo prazo de matrícula na súa oferta académica nun contexto no que xa se cubriron preto do 92 por cento das prazas de primeiro ano. De feito, máis de 120 titulacións xa esgotaran as súas prazas tras pecharse o terceiro prazo fai tres semanas.

Os últimos peches rexistráronse nos graos en Arquitectura técnica e en Relacións Laborais e Recursos Humanos, ambos da UDC e que se imparten nos campus da Coruña e Ferrol, respectivamente.

Este novo prazo estenderase ata as 23,59 horas do xoves, para alumnos das ABAU, titulados de FP, universitarios ou maiores de 25 e 45 anos, deportistas de alto nivel, estudantes con discapacidade, ou estranxeiros de países non membros da UE.

O secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro, destacaba este martes en sede parlamentaria que a administración prevé alcanzar unha marca na taxa de matriculación do primeiro curso e que esperan que esta ascenda ao 93% tras este oitavo prazo, o que suporía unha marca de matriculación.

Neste sentido, valoraba os niveis de matriculación alcanzados a pesar de que se apuntaba á posibilidade dun abandono dos estudos por problemas tecnolóxicos ou económicos do alumnado.

Aula da Universidade de Vigo
Aula da Universidade de Vigo | Fonte: UVigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta