A Xunta di que, co despedimento da acompañante, xa se subsanou o caso do neno esquecido nun bus en Oleiros

Ve un "caso illado" o acontecido e defende que as instrucións son "claras".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/10/2020 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cualificou como un "caso illado" o esquecemento dun neno de Educación Infantil nun autobús escolar de Oleirose recalcou que as instrucións para os acompañantes son "claras e concretas".

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na presentación dunha guía sobre boas prácticas no uso do transporte de escolares, xunto ao delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e a representante de Stop Accidentes, Jeanne Picard. M. DYLAN
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na presentación dunha guía sobre boas prácticas no uso do transporte de escolares, xunto ao delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e a representante de Stop Accidentes, Jeanne Picard. M. DYLAN | Fonte: Europa Press

A preguntas dos xornalistas, tras presentar un manual de boas prácticas para usuarios do transporte de escolares, lamentou o ocorrido e apelou a estar "vixiantes" para que se cumpran as normas. "Hai que incumprir moitas normas para que ocorra iso", sinalou a conselleira que lembrou que, neste caso, ao non ser unha liña compartida, non é unha competencia da súa consellería. No entanto, incidiu en que, tras coñecerse o ocorrido, tomáronse "medidas concretas" e, respecto diso, lembrou o despedimento da persoa acompañante.

"Hai instrucións claras e concretas", manifestou ao incidir en que esta persoa é a responsable de, unha vez finalizada a ruta, "revisar o autobús". "E este ano polo Covid hai un protocolo específico que reforza máis", dixo sobre as medidas que deben cumprirse.

Preguntada por cando debe realizarse a desinfección no autocar, precisou que é "antes de realizar o servizo", apuntou sobre o que se presta de novo unha vez que se deixa aos usuarios do autocar. "Creo que se tomaron todas as medidas oportunas", indicou a conselleira quen, sobre o condutor, argumentou que "pode ter algunha". "Pero o principal responsable é o acompañante, vendo as normas o labor do condutor non é esa", precisou sobre a revisión do vehículo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta