O 48% dos detidos ou investigados por incendios son de Ourense

Case 60 detidos polas forzas de seguridade do Estado ao final da época de máximo risco de incendios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

As forzas de seguridade do Estado chegan ao final da época de máximo risco de incendios forestais con 58 persoas detidas ou investigadas en Galicia, segundo informa a Delegación do Goberno.

Os datos refírense a o que vai de ano, incluídos os primeiros días de outubro, data ata a que se estende a época de máximo risco. Pola súa banda, o delegado do Goberno, Javier Losada, garantiu que o Executivo seguirá prestando a máxima colaboración na prevención e loita contra os incendios "alí onde sexa necesario en Galicia".

O período con maior actividade, segundo os datos que traslada a delegación nun comunicado de prensa, foi de xuño a setembro, con 48 detidos ou investigados, o que supón que oito de cada dez detidos/investigados no ano rexistráronse na época de máis risco.

"Por meses, o peor foi xullo", destaca, con 15 persoas detidas ou investigadas, seis delas en Ourense, tres na Coruña, tres en Lugo e tres en Pontevedra. Logo foi agosto, con 13 detidos ou investigados (sete en Ourense e dous en cada unha das outras provincias), e xuño e setembro, con 10 en cada un deles.

Mentres xuño acumulou máis detidos en Ourense (cinco), en setembro a maior parte correspondeuse coa Coruña, con tres. Por provincias, Ourense acumula no que vai de 2020 un total de 28 persoas detidas/investigadas, o 48% do total de Galicia. A continuación están, por orde, Lugo con 11, A Coruña con 10 e Pontevedra con nove.

Investigada por un incendio forestal en Vilar de Barrio unha muller sorprendida por veciños cando prendía lume.. GARDA CIVIL
Investigada por un incendio forestal en Vilar de Barrio unha muller sorprendida por veciños cando prendía lume.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta