A Revolución dos Caraveis como exemplo para "recuperar a soberanía"

AGE e BNG reivindican o día da revolución portuguesa como un exemplo fronte ás políticas da troika. O Bloque participa nos actos celebrados en Lisboa con motivo do 39 aniversario desta revolta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/04/2013 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e o BNG reivindican a Revolución dos Caraveis que este 25 de abril cumpre 39 anos, e chaman a "recuperar a soberanía para o pobo" fronte ás políticas de recortes da "troika".

Un caravel, símbolo da revolución portuguesa
Un caravel, símbolo da revolución portuguesa

O portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, encabezou unha delegación da formación nacionalista que acudiu a Lisboa para celebrar no XXXIX aniversario a revolución lusa invitada polo Bloco de Esquerda, e na que tamén participaron o secretario de Organización, Bieito Lobeira, e a eurodeputada e membro da Executiva, Ana Miranda.

Vence, tras os actos celebrados no Palacio de Sao Bento, puxo de manifesto as reivindicacións dos nacionalistas galegos, que se centran "na necesidade de conquistar a soberanía nacional, a capacidade de decidir, para poder defender a economía produtiva fronte aos mercados e fronte á troika".

"Recuperar o espírito rebelde"

AGE, pola súa banda, lembra nun comunicado que ao sinal marcado pola emisión da canción 'Grândola Vila Morena', Portugal "derrocou a ditadura e iniciou un convulso pero esperanzador período de creatividade política".

"Que logo a xeopolítica e a OTAN reducisen o impulso inicial da Revolución dos Caraveis aos usos das democracias europeas de baixa intensidade non invalida aquela forza popular, aquel bloque social á ofensiva que colocou ás clases dominantes contra as cordas", sinala nun comunicado este grupo.

E tras 39 anos, os portugueses "pelexan por recuperar a soberanía popular que lles foi roubada pola troika e pelexan contra as políticas neoliberais de dereitas que levan cara ao abismo". Por iso, este grupo aposta por "actualizar e recargar o espírito rebelde da Revolución dos Caraveis".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 lois

Portugal debe 78.000 millóns á Troika. Sen ese préstamo, o Estado portugués houbese quebrado, e habría moitísma mais miseria da que xa hai, por desgraza, hoxe. Eso non o arranxa o da soberanía de quen sexa.

1 hubieras aprendido

ta claro que ti non podes falar de soberania na galiza por ser español que non se expresa nunca en galego, pois unha cousa é ter grallas e outra gastar tempos compostos como "hubiera o hubiese" quebrado, que fan dano á vista. Islandia non pagou, e non lle foi tan mal.