Alberto García, estudante da EISV, recibe o primeiro premio de fotografía Xurxo Lobato

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/10/2020 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Alberto García Bernardez, alumno da EISV (escola de imaxe e son de Vigo) recibiu o 15º premio de fotografia Xurxo Lobato coa foto “Adicción catódica”. Nesta edición se presentaron alumnos de 24 centros de ensino de 17 ciudades e vilas de Galicia, con mais de 290 fotos.

Foto de Alberto García gañadora do premio Xurxo Lobato de fotografía
Foto de Alberto García gañadora do premio Xurxo Lobato de fotografía

O xurado destacou a "súa singularidade, a boa realización, a capacidade narrativa e de impacto e a actualidade da súa concepción  visual". Convocado pola Asociación de Amigos do Instituto de Monelos A Coruña, no acto de entrega participou o concelleiro de educacion do concello da Coruña, Jesus Celemín, o representante de Gadis Antonio Cortes Lobato, Anton Orosa director do IES Monelos e os membros do xurado.

Ademais, resultaron premiados María Soto Fernandez, do IES Universidade Laboral de Ourense, coa foto  “Solpor en Grecia” e Pablo Martins Tuche da EISV pola foto “Caminante sobre nubes”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Ursófilo de Samomos

A volta do Senhor Urso preocupa tanto a freguesía filistea que van chamar un experto de perto, Jesús Alonso o Montero, aterefado hoxe na depilaçom das candidaturas dos seus camaradas en Galicia, non sexa que os boten por portugueses, ou ainda pior, lucistas. As dúbidas son polas outras acepcións. A do home peludo podería ser Conchita Wurst collendo uns días de descanso logo de Eurovisión. A do home groseiro e pouco sociabel sería imposibel de identificar entre os filisteos aterrorizados e cos pelos de punta. Montero ten pensado chamar aos seus camaradas franceses, para ostentar cosmopolitismo, e para que fagan a colaboura na campanha e que venhan coa besta de Gévaudan. Benvindo Senhor Urso!

4 Arnulfo

En Galicia é preciso facer unha troca de experiencias coa poboación do rural asturiano, para desmitificar moitos dos temores e mitos sobre a peligrosidade dos osos. Estes animais que pastan e partillan xunto as ovellas e vacas na primaveira nos praderíos da montaña asturiana sen negun tipo de problema. Tambén é preciso saber que sen poboación rural o oso non existe. Si a sociedade galega quere ter oso e valora positivamente a sua presencia no noso territorio a administración debe trabllar por esta aposta en moitas direccións. Sensibilización das poboaciones locais, apoio para a protección e valado das colmeas, pago por desperfectos e reforestación com árbores frutais nos montes galegos. A presencia de Oso no territorio galego é um indicador de desenvolvimento cultural, ambiental e social do nosso país que deberiamos todos celebrar os que mais os pobodaores do rural.

3 paleto

Que facil é falar dende a capital. Os labregos deben ser protexidos ou o despoboamento do rural será máis galopante. Os que vexan á xente do rural como inimiga da conservación que se apliquen o conto e retiren as calefaccións, os coches e demáis das cidades. É moi fácil dicir que se defende o rural dende un cuarto piso e no choio da oficina. Non tedes nin idea do rural por moitas casa rurais que visitedes fenómenos.

1 ton

Si si. Como se as politicas que se aplicaron ata a actualidade tiveran unha grade incidendia para frear o despoboamento do rural. Argumenta un pouco ,.....

2 Estralampa

Pois eu, que são da aldea, tambem tenho calefa e o meu carro anda a ghasoil... ou ti que pensas... melhor dito: pensas? Um pastor, ainda elétrico, faria o avío... não hai que pensar muito mais... o que hai é que querer e deixarse de choromicar.

3 De Aldea coma Frijolito

O doado, caro Paleto, é botarlle ó oso as culpas do despovoamento do rural galego...

2 Hernández & Fernández

Pois veña, autoricemos unha batida. Chumbooooo!

1 teñen dous traballos

Resarcimento dos apicultores segundo teñen dereito e máxima protección ó irmán oso... os veciños enfadados que boten o seu cabreo enriba da administración no caso de que non apoie ós afectados. Non chocaría que nos vindeiros "findes" Samos reciba unha chea de visitantes grazas o seu oso...