Temas: GALICIA EMPREGO

Galicia ten máis de 8.000 estudantes buscando traballo, un 22,2% máis que o ano pasado

Un estudo de Randstad revela que o número de estudantes que tardan máis de seis meses en atopar traballo duplicouse con respecto a setembro de 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2020 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O número de estudantes desempregados en procura de emprego en Galicia creceu un 22,2% no mes de setembro con respecto a hai un ano, ata superar os 8.000, segundo revela un estudo da empresa de recursos humanos Randstad.

No entanto, engade, o incremento en Galicia dos estudantes que buscan traballo é 26,9 puntos porcentuais inferior á media nacional (que alcanza 49,2%), e supón o 8,7% do total de estudantes demandantes de emprego do país.

A nivel provincial, A Coruña conta con 3.287 estudantes en procura de traballo, volume que se incrementou un 21,7% nun ano, seguida por Pontevedra, con 2.994 (19,6%); Ourense, con 950 (20,4%), e Lugo, con 798 (38,5%).

No conxunto do país, segundo Randstad, 92.480 estudantes desempregados atópanse buscando emprego, un volume que creceu un 49,2%, o maior volume do últimos dez anos

O estudo de Randstad revela que o número de estudantes que tardan máis de seis meses en atopar traballo duplicouse con respecto a setembro de 2019. En concreto, rexistrouse un significativo incremento dos estudantes demandantes de emprego que levan buscando traballo entre seis e doce meses, dun 211%. Pola súa banda, os que levan máis dun ano nesta situación aumentaron un 49,4%, mentres que os que levan menos de seis meses creceron un 10,1%.

Un home espera na porta dunha oficina de emprego. Marta Fernández - Europa Press
Un home espera na porta dunha oficina de emprego. Marta Fernández - Europa Press

Temas: GALICIA EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta