Galicia rexistra 808 mortos por COVID despois da morte de cinco novas vítimas

Todos eles presentaban patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2020 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

A morte de cinco persoas, tres mulleres e dous homes con idades comprendidas entre os 83 e os 96 anos de idade, elevou o total de falecidos en Galicia con coronavirus desde o inicio da pandemia a 808.

En concreto, trátase de tres mulleres de 83, 90 e 96 anos --esta última procedente da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar-- que permanecían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Segundo informou este xoves a Consellería de Sanidade, tamén faleceu un home de 85 que recibía atención hospitalaria no CHUO; así como outro señor de 85 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti.

Todos eles presentaban patoloxías previas.

PCR. Foto de arquivo.. Ricardo Rubio - Europa Press
PCR. Foto de arquivo.. Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta