Luz láser e tecnoloxía LED para tentar evitar á néboa na A-8 entre Mondoñedo e A Xesta

O Ministerio de Transportes inicia experimentos en campo con prototipos para reducir o efecto da néboa nesta autovía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2020 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana iniciou experimentos en campo con prototipos para buscar solucións que reduzan o efecto adverso da néboa na circulación viaria no tramo da A-8 comprendido entre Mondoñedo e A Xesta. Entre eles, hai proxectos con luz láser e tecnoloxía LED.

Nun comunicado, o Ministerio lembrou que a finais de 2019 formalizou sete contratos de servizos de investigación e desenvolvemento da Compra Pública Precomercial (CPP) cuxo importe total ascendeu a 5,64 millóns de euros.

En concreto, a finalidade de tres deses contratos foi o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en sistemas de axuda á condución en situacións de néboa. Mentres, os catro proxectos restantes enfocáronse no desenvolvemento de solucións innovadoras mediante sistemas de illamento, eliminación ou desprazamento deste fenómeno meteorolóxico.

A Compra Pública Precomercial (CPP) está cofinanciada nun 80% polo Programa Innocompra do Ministerio de Ciencia e Innovación a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020.

Unha das propostas que se probará será un sistema de balizamento lateral da vía con luz láser. MITMA
Unha das propostas que se probará será un sistema de balizamento lateral da vía con luz láser. MITMA | Fonte: Europa Press

FASES DE DESENVOLVEMENTO

Deste xeito, a CPP desenvólvese en competencia por fases de carácter eliminatorio. As dúas etapas temporais contempladas no prego son a de demostración da viabilidade das solucións propostas, finalizada, e a de construción e experimentación en campo a escala real.

Para efectuar esta segunda fase, utilízanse catro prototipos seleccionados na fase 1. Así, verificarase o correcto funcionamento dos desenvolvementos teóricos nunha contorna real con condicións de néboa características do tramo comprendido entre Mondoñedo e A Xesta.

As propostas que superaron a primeira fase inclúen un sistema de balizamento lateral da vía con luz láser e outro de sinalización horizontal con tecnoloxía LED proxectada sobre a calzada. Así mesmo, desenvolvéronse un sistema de difusión automático por aspersores de materiais higroscópicos e unha combinación de barreiras estáticas e barreiras dinámicas que empregan dispositivos fluído-mecánicos para actuar sobre a néboa.

Tras a validación da tecnoloxía ensaiada, contratarase a construción dos sistemas antinéboa seleccionados para resolver a problemática do tramo indicado da A-8.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta