A autopsia da degolada na Coruña en 2018 revela que o corte requiriu unha presión "sostida" e con "continuidade"

A defensa pide 6 anos de cárcere por cooperación ao suicidio, a fiscal mantén 25 e a acusación particular e Xunta, prisión permanente revisable.

Por E.P. | A Coruña | 16/10/2020 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

A autopsia á muller degolada na Coruña en 2018 revelou que o corte requiriu dunha presión "sostida" con "continuidade" na forza, segundo explicaron os forenses do Imelga na cuarta sesión do xuízo ao marido da vítima. A morte, engadiron, foi "practicamente instantánea" tras a ferida, que cualificaron de "moi profunda".

Xulgados.
Xulgados.

Os médicos do Imelga que analizaron o estado mental do home despois dos feitos afirmaron que non tiña "alteracións" nin "tendencia suicida". Afirmaron que el recoñeceu os feitos e xustificounos na "compaixón" cara á súa muller. Aínda que tiña "certa resistencia" a axudar a morrer á súa parella, relataron, díxolles que "aceptou o papel de colaborador necesario".

Unha forense destacou que a muller tiña unha "delgadez extrema" e que, polo analizado, tería aparellada "debilidade e cansazo". Non rexistraron na autopsia, engadiron, signos de resistencia. O tipo de ferida, aclararon os facultativos, non provoca un sangrado "espectacular" pero si que cren que é "probable" que a persoa que executou o corte estivese manchada.

Un facultativo do Instituto Nacional de Toxicoloxía explicou como se detectaron no corpo da vítima dous fármacos, "ambos os dous antidepresivos". O experto relatou que a inxesta deste tipo de medicamentos "manteñen o estado de ánimo habitual" e que a cantidade rexistrada estaba "dentro dos límites normais para un tratamento terapéutico".

Na sesión do xuízo deste venres tamén se elevaron a definitivas as conclusións. A Fiscalía mantén a petición de 25 anos de cárcere e a acusación particular e o letrado da Xunta, a de prisión permanente revisable.

A defensa, tras descartar a libre absolución, solicita seis anos de cárcere por un delito de cooperación ao suicidio coa atenuante de arrepentimento espontáneo. O home defende que a vítima lle guiou coas súas mans sobre o coitelo para realizar o corte no seu pescozo.

O vindeiro mércores, día 21, renovarase o xuízo cos informes das partes e, unha vez concluída a exposición, o xurado popular reunirase para deliberar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta