Alertan do risco de queimadura ocular en menores por xeles hidroalcohólicos

"Dous nenos" da área Sanitaria de Santiago e Barbanza tiveron que "recibir atención hospitalaria por unha afectación ocular grave", segundo os servizos de Pediatría e Oftalmoloxía.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/10/2020 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

Os servizos de Pediatría e Oftalmoloxía da área Sanitaria de Santiago e Barbanza alertan sobre o risco en menores por mor das exposicións accidentais aos xeles hidroalcohólicos. Así o advertiu a área sanitaria compostelá, que explica que aínda que a maioría dos casos que ven "son leves", nestes últimos días "dous nenos" desta zona tiveron que "recibir atención hospitalaria por unha afectación ocular grave".

Xel desinfectante nun pupitre
Xel desinfectante nun pupitre | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

Antes esta situación, o xefe do servizo de Pediatría, Federico Martinón, sinalou que "se hai unha exposición accidental nos ollos deste tipo de produtos, débese actuar con rapidez lavando a zona con auga abundante e recibir asistencia médica inmediata".

Mentres, a responsable de Urxencias Pediátricas, Susana Rey, fixo fincapé "na necesidade de manter estes xeles fóra do alcance dos nenos e que o seu uso sempre estea supervisado por un adulto".

Hai uns días o Servizo de Información Toxicolóxica do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses publicaba o aumento significativo, destacaron as mesmas fontes, de intoxicacións accidentais por xeles hidroalcohólicos en nenos durante a pandemia e pedía precaución co uso destes.

Susana Rey destacou que no que vai de 2020 aumentaron un 900% os casos de intoxicación con respecto ao total de 2019, e a maioría foi por mor da inxesta en menores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta