O 112 ensaia con drons autónomos para recoñecer o terreo antes de actuar en situacións de grave risco

O Centro Experimental de Voos non Tripulados acolle exercicios de probas organizadas pola Axega.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/10/2020 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

A Axencia Galega de Emerxencias 112 Galicia ensaia con drones autónomos, capaces de despegar e aterrar por conta propia, para o recoñecemento do terreo antes de actuar en situacións de emerxencia nas que exista un grave risco.

Ensaio da AXEGA e o ITG do uso de drons en emerxencias
Ensaio da AXEGA e o ITG do uso de drons en emerxencias | Fonte: AXEGA.

O Centro Experimental de Voos non Tripulados, situado na localidade luguesa de Cervo, acolleu os exercicios de probas organizadas pola Axega en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia.

Estes drons autónomos despegan e retornan ao momento de inicio sen necesidade de ser atendidos. Durante o voo, captan imaxes en tempo real, o que facilita a observación da zona da emerxencia en cuestión e, por tanto, a toma de decisións para a intervención dos equipos.

O uso de drons xa se emprega na actualidade en emerxencias como a procura e rescate de persoas. De feito, outro dos exercicios realizados ultimamente pola Axega foi o simulacro dun rescate dun pescador nunha zona de costa.

Todo iso no marco de colaboración da Axega e o Instituto Tecnolóxico de Galicia que ten como obxectivo crear sinerxías entre ambos os organismos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta