O PSdeG acusa a Feijóo de estigmatizar os mozos no canto de "asumir os erros da xestión da pandemia"

"As propias universidades denuncian que se culpe ao seu alumnado o empeoramento das cifras xerais nas cidades por mor de facer unha lectura equivocada dos datos de incidencia real", asegurou a deputada Paloma Castro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2020 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O grupo parlamentario do PSdeG demandou a posta en marcha de "campañas de sensibilización" sobre o covid en lugar da "sinalar e culpabilizar" á mocidade, polo que afeou ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que "estigmatice" a este segmento de poboación coas súas declaracións públicas.

"Entendemos e compartimos a chamada á responsabilidade da poboación como unha das medidas fundamentais para frear os contaxios, pero condenamos a estigmatización", sinalou a portavoz de Mocidade do grupo socialista, Paloma Castro.

Así, lamentou as declaracións públicas dalgúns dirixentes políticos que responsabilizaron aos mozos e, en concreto, aos universitarios de ser os responsables da situación epidemiolóxica de cidades como Santiago.

Estas mensaxes, segundo Paloma Castro, "non se sustentan nos datos" achegados polas universidades galegas, que notificaron oito positivos na Coruña, 20 en Santiago, 3 en Lugo e outro brote en Vigo.

"As propias universidades denuncian que se culpe ao seu alumnado o empeoramento das cifras xerais nas cidades por mor de facer unha lectura equivocada dos datos de incidencia real", manifestou a deputada, que relaciona esta postura expresada pola Xunta coa estratexia seguida por Feijóo desde o inicio da pandemia, na que estivo "delegando responsabilidades".

"En marzo foi o Goberno central, durante o verán os concellos e agora sinala á mocidade", aseverou Castro, que se preguntou "para cando" deixa a Xunta a "asunción de erros e a responsabilidade por unha deficiente xestión".

Paloma Castro
Paloma Castro | Fonte: pontevedraviva

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta