Soben a 275 os hospitalizados con covid en Galicia

Deles 40 están na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), un menos que hai 24 horas, e outros 235 en unidades de hospitalización.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2020 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

Os pacientes con covid que permacen ingresados en Galicia subiron un día máis ata situarse en 275, tres máis que o venres. Deles, 40 están na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) --un menos que hai 24 horas-- e outros 235 en unidades de hospitalización.

Segundo a información actualizada na web da Consellería de Sanidade na mañá deste sábado con datos recolleitos ata ás 18,00 horas do venres, a área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco continúa como a que presenta maior número de pacientes hospitalizados con 101, catro menos que no último balance ofrecido pola Administración galega.

Deles, doce atópanse en críticos (un menos), un no Centro Médico do Carmen e o resto no CHUO, que tamén acolle o groso de pacientes en unidades de hospitalización (76). En Verín hai nove hospitalizados, tres en O Barco e un no centro privado Santa Teresa.

Na Coruña son 48 (un máis que o venres) as persoas diagnosticadas con covid que se atopan hospitalizadas, seis delas na UCI --cinco no CHUAC e unha no hospital Modelo--. En canto aos pacientes en unidades de hospitalización, 40 están no CHUAC, un no Virxe da Xunqueira de Cee e outro no Modelo.

Os hospitais da área sanitaria de Santiago presentan 41 hospitalizados (dous menos), dos cales sete están na unidade de coidados intensivos (un menos), todos eles no CHUS, que tamén acolle a maioría dos pacientes internados (32) polos dous que se atopan no HM Rosaleda-A Esperanza.

En Vigo caen a 33 os pacientes con covid hosptalizados. Deles, nove están na UCI (oito no Cunqueiro e un no Vithas Fátima), mentres que os 33 restantes repártense entre o Álvaro Cunqueiro (20), Povisa (3) e Vithas Fátima (1).

Na área de Lugo son 21 os hospitalizados, case todos no HULA, que tamén alberga ao tres únicos pacientes críticos da provincia luguesa. Pola súa banda, o hospital da Mariña ten un hospitalizado.

En Pontevedra e O Salnés soben en catro as persoas ingresadas ata situarse en 20, tres delas na UCI do Montecelo, onde hai outras 12 persoas hospitalizadas. O hospital do Salnés ten catro pacientes ingresados e o Quirón, outro.

Por último, Ferrol tamén experimenta unha subida no número de pacientes ingresados ata os 5 (dous máis), todos eles en unidades de hospitalización do CHUF, o que fai que a área ferrolá continúe sendo a única de Galicia sen pacientes en UCI.

Unidade de reanimación do Hospital Montecelo. XUNTA - Arquivo
Unidade de reanimación do Hospital Montecelo. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta