Temas: ESTAFA XULGADOS

Piden tres anos de cadea por estafa para dous acusados de querer enganar a un home con discapacidade intelectual

O xuízo terá lugar o vindeiro xoves 22 de outubro na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2020 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Dous homes enfróntanse a unha petición de tres anos de cárcere por supostamente estafar a unha persoa con discapacidade intelectual á que, segundo Fiscalía, enganaron para comprarlle dúas leiras urbanas por un 11% do seu valor real.

O xuízo terá lugar o vindeiro xoves 22 de outubro na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago.

Segundo o escrito de Fiscalía, os acusados puxéronse de acordo para aproveitarse tanto da discapacidade intelectual da vítima como da súa "precaria" situación económica.

Coñecedor de ambas as circunstancias, o primeiro dos acusados ofreceuse á vítima --que padece unha limitación da intelegencia en grao límite-- para xestionar a venda de dúas leiras urbanas en Santa Comba da súa propiedade que herdara por parte da súa nai.

Así, contactou co segundo dos acusados para concertar a venda, que foi pechada por 6.000 euros cando o valor real de ambas as propiedades era de 50.500 euros, segundo a tasación pericial realizada a posteriori.

Deste xeito, enfróntanse a unha petición de tres anos de prisión, ademais do abono dunha indemnización por valor do prezo real das propiedades estafadas.

Xulgados. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: ESTAFA XULGADOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta