Plantan centeo para recuperar os montes queimados no verán ante o "abandono" da Xunta

Ecoloxistas reciben centeo de Galicia, Euskadi, Madrid ou Valencia para tentar recuperar os montes queimados na vaga de incendios de Ourense do pasado setembro

Por Galicia Confidencial | Cualedro | 19/10/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Centeo. Esa é a arma secreta que ecoloxistas e veciños están utilizando nos montes queimados na vaga de lumes de Ourense de setembro para tentar recuperar os montes queimados ante a chegada do inverno, as chuvias e a pobilidade de que se erosionen os terreos queimados.

Centeo doado desde distintos puntos da peninsula para recuperar os montes queimados de Ourense
Centeo doado desde distintos puntos da peninsula para recuperar os montes queimados de Ourense | Fonte: Amigas das árbores

De feito, Amigas da Terra ten denunciado a "pasividade" da Xunta tras os numerosos incendios do pasado mes que calcinaron máis de 10.000 hectáreas en distintos concellos de Ourense, entre eles, máis de 2.000 no parque natural do Xurés. Por iso, e ante "inoperancia" do Goberno galego, decidiron iniciar o coidado dos montes queimados con centeo.

Esta fin de semana, numersosos voluntarios estiveron sementando con este cereal varias das zonas queimadas en Cualedro. Utilizaron 20 sacos de centeo que recibiron de Verín, Bilbao, Madrid, Alicante, Xinzo e tamén de veciños do propio Cualedro. 

"COIDADOS AXEITADOS"

Os ecosistemas destacan que estes montes queimados precisan os coidados axeitados "en tempo e forma".  "Hai experiencia, hai medios materiais e humanos, temos estudos e análises que demostran a gravidade da perda dos solos e da contaminación das augas, temos científicos e especialistas para formarnos e decirnos como actuar en cada caso... O que non temos é gobernantes que lle queiran a terra e ao país", denuncian.

Sementando centeo nos montes queimados de Cualedro para a súa recuperación
Sementando centeo nos montes queimados de Cualedro para a súa recuperación | Fonte: remitida

Por iso, urxen as administracións, especialmente, á Xunta de Galicia a facer traballos nas corgas, zonas de moita pendente, nascentes de regueiros e ríos e mananciais para recuperar e restaurar o medio ambiente e evitar ríos de cinsas, "o chapapote do monte", como xa ten acontecido xa este ano. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Que imos fazer! Se a gentinha segue votando PP e a Frijolito Baila Chotis. Este País é umha desfeita, mas seguemos lhe dando o poder ao amigo de Dorado, o narco.