A sede da Deputación de Pontevedra tínguese de rosa para conmemorar o Día do Cancro de Mama

Por E.P. | PONTEVEDRA | 19/10/2020 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

A sede da Deputación de Pontevedra tinguiuse de rosa este luns para conmemorar o Día Internacional do Cancro de Mama, que se celebra cada 19 de outubro.

Nun comunicado, a Deputación Provincial explicou que esta iniciativa busca dar resposta á demanda da Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam) para visibilizar ás persoas afectadas pola enfermidade.

En concreto, Adicam traballa para mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas, sensibilizar sobre a enfermidade, dinamizar a comunidade e promover hábitos saudables entre a cidadanía.

O cancro de mama e xinecólogico é padecido por unha de cada oito mulleres ao longo da súa vida e, entre 2012 e 2019, o volume de casos elevouse un 7,5 por cento. Por iso, a institución provincial insistiu na importancia de concienciar á sociedade sobre a necesidade da investigación e dun diagnóstico precoz.

Ademais, lembrou que esta enfermidade agrava a situación económica de mulleres en idade laboral dado os gastos que leva, así como o impacto emocional que supón para estas persoas e as súas familias.

Proba de detección de cancro de mama. GC
Proba de detección de cancro de mama. GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta