Aumentan as mortes por accidente, a pesar das restricións pola Covid

Dous mortos e 57 feridos en 37 accidentes de tráfico esta fin de semana. O 37% dos asistidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2020 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 53 persoas debido a 37 accidentes de tráfico rexistrados durante o fin de semana na Comunidade galega, das que dúas faleceron.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 16 de outubro e as 23,59 horas do domingo 48 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O día con máis incidentes foi o sábado, con 17 sinistros.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 56. Deste xeito, as ambulancias realizaron 48 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en oito accidentes.

En 43 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións  recibiron atención no lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto do sinistro.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 60 por cento e a de mulleres reduciuse ao 40%. En canto ás idades dos feridos, o 37% dos asistidos tiña entre 20 e 34 anos. A provincia de Pontevedra, con 18 accidentes, rexistrou o maior número de incidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da da Coruña, con 10; Lugo, con seis; e Ourense, con tres.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta